GRAZAS PROFE CHELO!!
Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
martes, 31 de marzo de 2020
luns, 30 de marzo de 2020
BANDA DESEÑADA KIKO DA SILVA
O xoves 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil. Para ese día, o ilustrador Kiko da Silva, ten algo preparado para vos no Salón do Libro Virtual. Estade moi atentos!!!
domingo, 29 de marzo de 2020
CONTAMOS UN CONTO CON
A profe Alba e profe Mariló nos presentan uns contos superchulos que estamos seguros que vos vai a gustar! Preparade o voso superoido, a vosa supervista e disfrutade...
MOITAS GRAZAS PROFES!!
DÍA MUNDIAL AUTISMO
Este xoves 2 de abril é o Día Mundial de concienciación sobre o autismo e queremos celebralo.Dende a nosa escola facemosvos varias propostas que podedes facer dende as vosas casas: poñer ou pintar un globo de azul, pintar as vosas mans de azul, colorear un lazo de cor azul, facer un cartel... e poñelo nas vosas xanelas ou balcóns. Tamén podedes facer a proposta da Cofederación de Autismo de España: O xoves 2 de abril ás 21:00 sae ao teu balcón ou dende a xanela e ilumina de azul co teu móvil ou linterna.
Nos esquezades que a todo o que fagades lle saquedes unha foto e a mandedes a: torredaspalabras@gmail.com. Animádevos a participar!!!

HORA DO CONTO CON...
MOITAS GRAZA PROFE PATRI!!
venres, 27 de marzo de 2020
DÍA DO TEATRO
Hoxe, 27 de marzo, é o Día Mundial do Teatro. Unha persoa moi relacionada co teatro foi Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A continuación os deixamos varios enlaces relacionados co teatro: Ricardo Carvalho Calero


Tamén vos deixamos o teatro de sombras do conto: "La pequeña oruga glotona". Se vos animades a facer un, mandádeo a torredaspalabras@gmail.com.
RECITA ROSALÍA DE CASTRO
Tiñamos varias actividades propostas para o día da poesía, e aínda que non a tod@s nos deu tempo, si temos unha pequena virguería feita polos nenos e nenas de 4º de primaria, que fixeron falar a mesmísima Rosalía de Castro. Moitas grazas!!!! Xenial!!!
xoves, 26 de marzo de 2020
CONTAMOS CON PAPIROFLEXIA
Fantástico video sobre o coronavirus a través da papiroflexia!
CONCURSO ADIVIÑAS I
Ola a tod@s!! Comezamos o concurso de adiviñas. Recordade que a resposta a enviedes a: torredaspalabras@gmail.com e poñades número de adiviña, o voso nome e curso. Podedes enviar as respostas ata o día que se poña a seguinte.
Un sáudo e animádevos a participar!!!

mércores, 25 de marzo de 2020
HOXE CONTO INFANTIL CON...
Hoxe contamos coa titora da aula de 3 anos, profe Jeni, que nos agasalla cun conto infantil da editorial Kalandraka titulado "O fío", escrito por Gracia Iglesias e Rosa Osuna. Seguro que vos vai encantar, preparade o voso superoído e supervisión...
Moitas grazas profe!!!
martes, 24 de marzo de 2020
SALÓN DO LIBRO VIRTUAL
Este ano o Salón do Libro de Pontevedra ten como temática: "O humor". Por mor das circunstancias nas que nos atopamos, foi anulado. Pero soamente de forma presencial. Podedes visitalo virtualmente no seguinte enlace: SALÓN DO LIBRO VIRTUAL

CONCURSO DE ADIVIÑAS
Ola a tod@s!!!! Os equipos de biblioteca e dinamización decidiron que este ano faremos o concurso de adiviñas de forma virtual. Todos os martes e xoves teredes unha adiviña neste blog e a resposta a tedes que mandar a torredaspalabras@gmail.com poñendo tamén o voso nome e curso.
Comezamos este xoves e non esquezades que o título do proxecto deste ano é: "I´ve got the power"!!!


CONTO PARA INFANTIL
Hoxe presentamos un conto lido polo profe Manolo, escoitade, disfrutade e pensade no que nos quere dicir.
luns, 23 de marzo de 2020
AS VERBAS DE MIRIAM FERRADÁNS
Para o 23 de marzo tiñamos programada a visita da poetísa Miriam Ferradáns para facer obradoiros cos nosos nen@s. Pero como #estamosnacasa non o podemos facer. Aínda así, ela mandounos unha fermosa mensaxe para os nosos "Superheroes e superheroínas".
Non esquezades o título do noso proxecto:" I´ve got the power"
Moito ánimo a tod@s!!!
sábado, 21 de marzo de 2020
DÍA DA POESÍA
Hoxe celébrase o día da poesía, e os nenos e nenas do noso cole compartiron poesías, música, cantigas e ata algunha coreografía!! Grazas a tod@s por participar e facernos pasar un ratiño moi agradable vendoos e escoitando as vosas verbas. Esperamos e desexamos que pasarades un entretido momento facendo as grabacións! Grazas familia!!
https://www.facebook.com/ceiptorrecela/videos/654678518616098/?epa=SEARCH_BOX
E VELAÍ VAI UNHA PEQUENA ESCOLMA DE LIBROS DE POESÍA EN GALEGO PARA TOD@S

https://www.facebook.com/ceiptorrecela/videos/654678518616098/?epa=SEARCH_BOX
E VELAÍ VAI UNHA PEQUENA ESCOLMA DE LIBROS DE POESÍA EN GALEGO PARA TOD@S



GALICIALE
Para estes días que estaremos na casa, dende os diferentes equipos dinamizadores do cole, recomendamos esta páxina de préstamo de libros tod@s.
GaliciaLe: Préstamo de libros en formato dixital: https://www.galiciale.gal/
Boas lecturas!!!

venres, 20 de marzo de 2020
CONCERTAZO!
CONCERTO ONLINE Á VISTA!!
Hoxe venres 20 podedes pasarvos pola conta de Instagram de Paco Nogueiras que nos ofrecerá un concerto en directo as 16:45.https://www.instagram.com/paconogueiras/
mércores, 18 de marzo de 2020
MÚSICA EN FAMILIA
Unha escolma fantástica para entreterse estes días !!
https://www.pinterest.es/maicaramos/canci%C3%B3ns-en-galego/
https://www.pinterest.es/maicaramos/canci%C3%B3ns-en-galego/
VIII CERTAME DE RELATOS CURTOS
Esta foi unha das últimas invitacións que se lle fixo ao alumnado para participar de forma creativa!


LECTURAS EN GALEGO
Xa están decididas as seguintes lecturas nos clubs de alumn@s. Os nen@s de 3º e 4º de Primaria desfrutarán da lectura do cómic de "Curuxa. A voz de Azazel" e os de 5º e 6º de Primaria "Xelis, o guieiro das botellas de mar".
Boas lecturas rapaces!!!


SEMANA DA PRENSA
Para a celebración da semana da prensa, a biblio do cole fixo unha proposta moi interesante para que nos recreos o alumnado buscara "supernovas" e así facer unha pequena exposición. Os pequenos do cole tamén acudiron e descubriron como é un xornal e atoparon un onde tamén saía a nosa biblio!. O que máis lle gustou foi "O Papagaio". Os maiores de infantil fixeron unha fantástica portada dun novo xornal " A voz dos superheroes", chea de novas moi moi interantes. Bo traballo a tod@s!!!







DÍA DA POESIA
O día da poesía achégase, e a Torriño gustaríalle celebralo aínda que teñamos que facelo a distancia.
Por iso, desde a biblioteca do centro se vos pediu que tentedes facer cada un o voso videopoema antes do día 20, para despois facer unha montaxe con todos os vídeos que enviedes e poidamos disfutala desde as nosas casas.
Lembrade que pode ser un poema escrito por vós ou un poema de outros autores ou autoras. Podedes recitalo, cantalo, lelo ou representalo, e saír vós sos no vídeo ou con máis xente.
Aquí van algunhas ideas para facer este vídeo:
Lembra! Cando teñas o vídeo feito, envíao a ceipdatorrecela@gmail.com.
Boa sorte, saúdos agarimosos e poéticos de Torriño e das e os vosos profes!
Por iso, desde a biblioteca do centro se vos pediu que tentedes facer cada un o voso videopoema antes do día 20, para despois facer unha montaxe con todos os vídeos que enviedes e poidamos disfutala desde as nosas casas.
Lembrade que pode ser un poema escrito por vós ou un poema de outros autores ou autoras. Podedes recitalo, cantalo, lelo ou representalo, e saír vós sos no vídeo ou con máis xente.
Aquí van algunhas ideas para facer este vídeo:
- Orella pendella: É unha web con ditos populares, moitos teñen forma de poema e poden servir para gravar o vídeo ou para inventar un poema inspirándote neles.
- Estes son algúns videopoemas creativos realizados por nenos e nenas doutros coles: Tal como as nubes (Rosalía de Castro), Oxalá(Celia Parra), A viaxe en nave espacial (Paula Carballeira). Como podedes ver, nalgúns saen os nenos e nenas e noutros non, saen as imaxes que eles gravan.
- Estes son algúns videopoemas de poetas profesioanais, moi coidados esteticamente e con propostas moi creativas e en galego: Ingravidez(Rosalía Fernández Rial, esta é a súa web), Papel (Celia Parra, esta é a súa web).
- Poemas del alma: É unha web con poemas de autores consagrados en español, e onde tamén publican poemas autores nobeles coma vós.
Lembra! Cando teñas o vídeo feito, envíao a ceipdatorrecela@gmail.com.
Boa sorte, saúdos agarimosos e poéticos de Torriño e das e os vosos profes!
domingo, 8 de marzo de 2020
VERBAS DE PAZ E AMOR
Dende o equipo de dinamización e concidindo en cercanía temporal o día da paz e San Valentin como día da amizade, os maiores de primaria decoraron as escadas do corredor coas suas verbas, ben en forma de receta, de poesía ou debuxos...


SEMANA DA PRENSA
Desde o equipo de biblioteca se propón a seguinte actividade a realizar esta semana durante o recreo por mor da semana da prensa...Seguro que atoparemos novas moi moi interesantes e espectaculares!!



AS SUPERHEROÍNAS DO 8 DE MARZO
Pedimos aos alumn@s unha foto e un pequeno texto no que falasen de superheroínas da súa familia.
A media mañá do venres 6 de marzo todo o alumnado do centro reuniuse na biblioteca e escoitamos historias de guerra, traballo, sacrificio... e decoramos o corredor con todos estes traballos.FOI IMPRESIONANTE ESCOITAR AOS PROPIOS NENOS E NENAS CONTAR E SENTIR A VIDA E OBRA DAS MULLERES DA SÚA VIDA!
MOITAS GRAZAS!!!





Destacar que os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron no Certame de poesía e relato curto organizado polo CIM do concello de Bueu. Xavi Martínez gañou o primeiro premio co poema "A miña super tataravoa" e Manuel Soliño mención especial.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)