Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
xoves, 18 de xuño de 2020
mércores, 17 de xuño de 2020
GAÑADORA CONCURSO ARTES PLÁSTICAS FEIRACO
Vaia sorpresa levamos estes días. A alumna Leire da aula de 3º de primaria resultou gañadora do concurso de artes plásticas organizado por Feiraco e a SXPL.
Moitos parabens Leire! Unha composición orixinal e fantástica!! E a os demáis agradecer tamén a vosa participación e a seguir disfrutando das vosas creacións!
Esta foi a obra gañadora...
SUPERODERES DA CLASE DE TERCEIRO
Sen máis que comentar, aquí están os fantásticos traballos dos nenos e nenas de 3º de primaria, rematando o proxecto de centro "I´ve got the power". Certamente o poder está nas nosas mans e no noso sentidiño!






















mércores, 10 de xuño de 2020
FIN DE CURSO
Os nenos e nenas de 2º de primaria elaboraron uns cartaces superchulos para a celebración da Romaría das Letras Galegas e Festival de fin de curso. Polas circunstancias que todos e todas sabemos non se pode celebrar, pero a intención que non falte.
Grazas a todos por este curso cheo de agarimos, emocións, sorpresas e o interese para que a nosa lingua , chea de verbas poderosas, chegue a todos e todas e disfrutemos en tódolos ámbitos posibles: tecnolóxicos, musicais, deportivos, escritos, creativos...
Desexamos un verán fantástico, moito descanso e anaquiños de tempo para ler e conversar a carón dunha boa lectura.
Unha aperta do equipo de dinamización da lingua.
Proximamente publicaremos recomendacións lectoras para rematar este curso escolar tan tan diferente!
martes, 9 de xuño de 2020
DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCEANOS (PARTE I)
Nenos e nenas do cole están a enviar estes días as súas actividades sobre estes días sinalados. Desde os equipos de dinamización, voz natura e biblio , se convidou a facer varias actividades, e velaeiquí están algunhas das bonitas recreacións e interesantes reflexións feitas polo noso alumnado.
Moitas grazas!!!
5º PRIMARIA:
INFANTIL


3º PRIMARIA








domingo, 7 de xuño de 2020
CARICATURAS AFECTIVAS
FANTÁSTICAS CARICATURAS DOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE, OBSERVANDO ALGUNHAS DO AUTOR HOMENAXEADO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS RICARDO CARVALHO CALERO, CREARON AS SÚAS PROPIAS SOBRE FAMILIARES E AMIG@S.MOITÍSIMAS GRAZAS!!
SODES UNS ARTISTAZ@S!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)