Hoxe 15 de Abril celebramos o Día Mundial da Arte e nas diferentes aulas conmemorámolo de diversas maneiras artísticas . En infantil e primeiro ciclo de primaria, averigüamos porque se celebra este día e investigamos quen foi o gran xenio Leonardo da Vinci. Desta maneira, ademáis da súa biografía, descubrimos as súas obras máis coñecidas e demos o noso toque persoal.
Velaquí vai unha pequena mostra da nosa enorme arte creativa: Giocondas actualizadas, máquinas, música,...
E aproveitando este día da arte, recibimos a visita da actriz e contadora Sabela Gago, que nos deixou en infantil unha pegada de maxia e fantasía contando a historia do pequeno Martín que non sabía o que quería de agasallo, e que finalmente descubriu que o que máis ilusión lle ía a facer era ...UN LÁPIZ! Que casualidade!! Igual que á nosa homenaxeada das letras de este ano Xela Arias, que sempre andaba cun lápiz e un caderno escribindo e debuxando todo o que lle chamaba a atención, tamén os seus pensamentos e fantasías.
UNHA XORNADA MOI ARTÍSTICA!!!