A piques de comezar o mes de Maio, no noso cole celebramos esta festa da exaltación da primavera no mes das flores por excelencia elaborando un maio para colaborar coa Asociación de Alfombristas de Bueu e que será exposto este fin de semana na praza do concello. Desde o Equipo de dinamización quixemos participar e dinamizar a todo o cole nesta festa tradicional que pouco a pouco se intenta recuperar.
Así desta maneira, toda comunidade educativa puxémonos mans á obra: @s peques de infantil elaboraron un maio fantástico con fiuncho, xestas e todo tipo de flores. E, ademais, os maiores dos pequenos (5-6 anos) quixeron crear e cantar unhas coplas inventadas por eles, esta vez ao xeito de Ourense.
Os nen@s de 1º e 2º de primaria ademais de inventar e cantar ao xeito de Marín unhas coplas maravillosas relacionadas co proxecto do cole SUPERARTE, disfrutaron facendo manualidades con creatividade e alegría primaveral.
Os cativ@s de 3º e 4º crearon coplas espectaculares que cantaron con moito ritmo ao redor do noso maio. Foi un proceso laborioso e de investigación sobre como facer as coplas: rimado, versos , ritmo para cantalas...
@s maiores do cole, ademáis de facer un reto programando os Mboot cara ao maio e outras, investigaron moitísimo sobre a orixe desta tradición e como se celebra en diferentes lugares. Así mesmo gravaron o seu traballo en radio Faladoiro e expuxeron de maneira plástica a súa investigación nun xigante cartaz que podemos ver a continuación.
EN RADIO FALADOIRO...