Velaí vai un ano máis a nosa "Romaría escolar das letras galegas". Estivo cheíña de ledicia, xogos, música, complicidade...Pequenos e grandes disfrutando dunha xornada extraordinaria chea de agarimo e moita calor!!
Queda unha pequena mostra de momentos compartidos a través de xogos populares, da música, dos paseos de ida e volta pola nosa contorna ata chegar á praia e ao cole.
E como non podía ser de outra maneira...continuamos a celebrar o noso 50 aniversario, e durante a mostra de construccións de area, se fixeron verdadeiras obras de arte para festexar os nosos parabens!!!!