Iniciamos a conta atrás para a celebración da III Romaría escolar das letras galegas!! Xa temos todo preparado, só falta as ganas de pasalo ben e o bo tempo!
Este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriagán, escritor, político e defensor da cultura e tradición popular. Gran admirador de Rosalía de Castro, tivo que emigrar a outro país para sobrevivir e endexamáis esqueceu a nosa lingua, nin os nosos costumes, tradición e cultura. A morriña foi un dos sentimentos que o acompañou durante a súa vida igual que a nosa Rosalía.
Este ano voltamos a celebrar a romaría nunha das fermosas praias que temos na contorna. E por qué? para lembrarnos de toda esa xente emigrada e no exilio que marchou dende unha praia coma as nosas en busca dunha nova e mellor vida. Sabemos que Don Florencia marchou nun barco chamado Ipanema cara México e coñecemos as historias de veciños da nosa contorna que tamén tiveron que emigrar para unha vida mellor. Durante a súa vida Florencio traballou en diferentes medios de comunicación igual que nós, no noso cole de Cela tamén temos radio, xornal, e dominamos as redes sociais que de seguro, se as houbera, tamén utilizaria Don Florencio.
Desde este equipo de dinamización se propoñen diferentes actividades para a celebración desta unha das nosas festas máis importantes. En colaboración con todo o profesorado e as dúas asociación culturais da nosa contorna máis inmediata, imos conmemorar esta festa cultural.
Así pois a A.C. Costumes de cela proponnos facer unha guía coas investigacións dos noso alumnado e a través de maravillosas conversas cos maiores sobre construcccións, festas (como a da patrona ou a dos mozos), praias, recorridos pola contorna, as primerias escolas... UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN EXCELENTE POR PARTE DE TODOS e que nos permite saber un pouco máis sobre a nosa orixe como centro e como parroquía.
Estes días andaremos a cen publicando os fantásticos traballos!!!
E AGORA ...