mércores, 11 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS (II)

 Exposición e concurso polo día das letras galegas. En colaboración coa A.C Costumes de Cela, propoñemos una interesante actividade chea de respeto e amor pola nosa contorna (agro, xente, construccións, gastronomía...) destacando tódalas virtudes que fan de Cela un lugar único. Así mesmo facía o homenaxeado deste ano Florencio Delgado Gurriarán. Escribía, falaba e transmitía sobre o agro, o viño, as tradicións, as xentes, fontes, o vento.... 

Por tempo e máis actividades, este ano fixemos unha pequena exposición cos carteis enviados desde a xunta, e completamos cos traballos (EXTRAORDINARIOS) DO ALUMNADO SOBRE A NOSA CONTORNA. estes traballos forman parte do concurso da Asociación cultural e que estarán expostos tamén o día 21 durante a festa que se está a organizar. Aquí temos unha pequena mostra do que fixeron por aulas:

 Infantil - o que máis lle gusta de Cela.

Primeiro e segundo - as súas praias.

Terceiro - as festas

Cuarto - as construccións

Quinto -  os camiños de Cela

Sexto- as escolas da contorna;  (por certo SORPRENDEU BASTANTE AO ALUMNADO!! ADEMÁIS DE RELACIONALO CO PDI "OS PLANOS DA MEMORIA")

 












ESTE É UN PEQUENO EXEMPLO DE CADA AULA!!