mércores, 28 de marzo de 2018

21 de marzo: Día da Poesía

Para conmemorar o día da Poesía contamos cunha visita moi especial; a poetisa Miriam Ferradáns que ademais é un dos nosos tesouros da contorna xa que é de Beluso (Bueu).


Grazas a ela os nenos/as iniciaronse no mundo da poesía dunha forma lúdica e amena. Así, co primeiro grupo (1º , 2º e 3º de E.Primaria) fixeron un xogo que consistía en poñerlle nome a unha formiga e dicir cousas dela pero con rima. 





Despois tiveron que descifrar unha mensaxe coas palabras desordenadas que lle deu Miriam. Queredes sabes cal era esa mensaxe? Mirade que mensaxe tan fermosa.




Os alumnos de 4º a 6º  de E.Primaria completaron un poema incompleto de Antonio García Teijeiro. A continuación crearon os seus propios poemas a partires das palabras que había nun sobre e xa por último descifraron unha mensaxe onde as palabras estaban desordenadas.






Para rematar esta fermosa xornada os máis pequenos crearon rimas co seu propio nome e coas profesións que queren ser de maiores. 




E aquí tedes a entrevista que lle fixeron a Miriam os nosos alumnos. 



Grazas Miriam por achegarnos un pouco máis ao mundo da poesía!!!



Pero ademáis da visita de Miriam  durante todos estes días tivemos no noso corredor unha exposición de libros cheos de poesía, sentimentos, risas, añoranzas...




Non obstante, non foron as únicas actividades que se fixeron arredor da poesía. Así, mencionar os encontros entre os alumnos de 6º e 4º de E. Primaria. O alumnado de 6º introduciron as nocións básicas da métrica e recitaron uns poemas ao alumnado de 4º para deseguido o alumnado de 4 º lembrar versos escritos por García Teijeiro da súa obra "Lendo lendas, digo versos" . 
 Fermoso encontro!!