
Grazas a el aprendimos a diferenza entre debuxar e desdebuxar (algo que só se pode acadar despois de dominar as técnicas do debuxo figurativo). Tamén nos animou a introducir nas nosas vidas a arte (musical, artística, literaria...)xa que de todas elas aprendemos e motívannos a ser mellores persoas.
Pero non quedou así a cousa, ademais tivemos o gran privilexio de ver crear ao gran pintor Barreiro un cadro especial e único para nós inspirado no pirata pontevedrés Benito Soto.


Aquí tedes a obra de arte finalizada.

Que gran agasallo!!! Moitísimas grazas.
Despois de responder as moitas inquedanzas do noso alumnado foi entrevistado na radio escolar polo alumnado de 5º de E.P.


Aquí podedes escoitar aos alumnos falando da súa biografía, obras e entrevistando a Barreiro.
Grazas Barreiro polo bo rato que nos fixeches pasar e por todo o que aprendimos. Foi toda unha experiencia!!!