Nestes días tivemos dúas visitas moi divertidas e coas que o pasamos en grande. Unha é a de Raquel Queizás e a outra a de Sabela Gago.
A sesión de Raquel Queizás foi para os nenos de infantil e 1º e 2º de E.Primaria.
O primeiro que nos intrigou foi saber que habería dentro daquela maleta chea de letras.
O que non esperabamos é que alí dentro estivera o seu amigo Nano.
E queredes saber que pasou despois? Pois que Raquel e Nano contáronnos un conto moi divertido titulado "A viaxe de Nano". Nese conto Nano era un pouco egoísta porque non quería compartir a auga cun paxarillo que tiña sede.
Polo que o paxarillo esperou a que Nano durmira para beber toda a auga. Cando Nano espertou xa non había auga e tivo que emprender unha longa viaxe para atopar auga. Ao final desta viaxe Nano comprende a importancia de compartir.
Pero iso non é todo tamén contamos coa visita de Sabela Gago que nos contou un conto moi divertido aos nenos de infantil, 1º e 2º de E. Primaria e fixo un obradoiro de dramatización para o alumnado de 3º a 6º de E.Primaria.
Co conto de Martín ensinounos que mellor menciña para o aburrimento é algo moitas veces esquecido por todos nós e barato; a imaxinación!!!
Martín era un neno que estaba aburrido polo que os seus pais decidiron comprarlle diferentes agasallos que nunca acababan de compracelo. Despois de moito cavilar decidiu que o seu mellor agasallo para pasar o tempo sería un lapis co que poder escribir grandes historias.
Que gran historia, Sabela e canto nos fixeches rir!
Pero iso non foi todo, cos alumnos de 3º a 6º fixo unha gran representación onde os alumnos tamén foron os protagonistas. Así, dramatizaron o conto de tres galiñas que se presentaron a un concurso
de galiñas poñedoras. Ao final o rei tivo que concederlles privilexios as tres porque todas tiñan un ovo especial.
Mirade que ben o fixeron os actores |
O público entregado non podía apartar a mirada da obra |
Ademáis Sabela Gago foi entrevistada na radio Faladoiro polos nenos/as de 2º de Primaria.
Aquí tedes a entrevista: