O venres 9 de marzo tivo lugar no Centro Social do Mar de Bueu un acto organizado polo CIM de Bueu para conmemorar o Día Internacional da Muller polo que os nosos alumnos de 3º a 6º de E.Primaria asistiron a celebración.
No acto os alumnos de 4ºde Primaria do CEIP A Pedra de Bueu por parellas ían contando a biografía dunha muller famosa como Malala, Rosalía de Castro, Clara Campoamor...e a biografía dunha muller significativa para eles como a súa nai, avoa, bisavoa...
Despois tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades aos gañadores dos concursos de viñetas, poesía e relato da "Igualdade no traballo". Entre as gañadoras estaba a nosa alumna Xiana de 5º de Primaria que gañou o concurso de viñetas. Parabéns Xiana!!!
Viñeta gañadora |
Para rematar, o alcalde de Bueu, Félix Juncal dixo unhas palabras ao público presente e fíxose a foto dos premiados.