Este ano coñecemos a traballo de Antonio Fraguas, etnógrafo, historiador e gran transmisor da cultura popular. Ademáis de entrar no cole con música tradicional,tamén aproveitamos as paredes do noso patio para despertar curiosidade... e cada aula escolleu un par de coplas e ditos populares para compartir.
Seguindo as súas pegadas, e continuando co noso proxecto "O despertar das sementes", o equipo de dinamización está organizando esta romaría que esperamos disfrutar o próximo martes 21 con bo tempo e moita animación. Haberá música, cestiños de vimbio con merenda para compartir, circuito de xogos populares (birlos, cachizas, chaves, cordas... e así ata 12) e algunha sorpresa máis...
Ademáis de plantar castaños e landras que no primeiro trimestre plantamos nunha bota con terra (atendendo ao conto de Anxo Moure "O carballo con botas")
SEGUIREMOS INFORMANDO!!