luns, 20 de maio de 2019

VISIONADO DE CURTAS NO COLE

Hoxe pasamos unha mañá moi entretida no CEIP Torre Cela achegándolle o cinema ás cativas e cativos, a través do plan #Pontegal da Deputación Pontevedra. Dunha banda, proxectamos para alumnado de Infantil algunhas das mellores curtas internacionais que pasaron polo FICBUEU en 2018 e que foron recibidas con moita curiosidade pola rapazada. Por outra parte, impartimos unha charla sobre o proceso de produción dun filme para as clases de 3º e 5º de Primaria, que espertou grande interese. Para nós tamén foi unha grata sorpresa comprobar a cantidade de coñecementos que xa tiñan adquiridos. Parabéns!

La imagen puede contener: pantalla e interior