mércores, 22 de maio de 2019

ROMARÍA ESCOLAR LETRAS GALEGAS

CHEGOU O DÍA, CHEGOU A ROMARÍA! Por fin celebramos a nosa 1ª Romaría escolar "letras galegas" tratando de sementar cultura, costumes e tradicións nos nosos pequenos e pequenas  continuando o traballo de Antonio Fraguas.
Previa investigación por parte do alumnado de primaria sobre as romarías, organizamos esta xornada de convivencia fantástica. 
Cando xa tiñamos todo preparado...





... chegamos a Chans ...



...e dispuxémonos a pasar unha mañán chea de aprendizaxes: plantamos árbores autóctonas (carballos e castaños),  disfrutamos cos xogos populares, tamén dunha fantástica merenda matutina ata con cestos e manteis!  remantando con música tradicional gracias a colaboración da A.C. Retrouso de Cela. Foi unha xornada fantástica que de seguro repetiremos!! Grazas a todos pola participación! E aínda falta a sorpresa final :)




 














 

Remantando esta xornada cunha sorpresa para todo o alumnado: buxainas e perindolas para os máis pequenos