NON PERDADES O QUE TEMOS PREPARADO DESDE O CONTEXTO CIENTÍFICO PARA CONMEMORAR ESTE DÍA NO COLE!!!!
Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
domingo, 31 de xaneiro de 2021
DIA DA PAZ (PARTE FINAL)
O pasado 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e Non Violencia. A través de actividades argalladas polo equipos do cole e relacionadas co PDI de este ano "SUPER-ARTE" (xogo de palabras xurdido en setembro polo afán de superación da comunidade educativa nestes momentos tan complicados, e que ao mesmo tempo nos convida a coñecer diferentes artes: pintura, escultura, arquitectura...)
Así foi anunciado este día polos nenos e nenas de 4º de primaria na nosa Radio Faladoiro
Ás 11 da mañán abrimos portas e fiestras e rocanroleamos pola Paz, marcando un día con un ritmo alegre cheo de desexos e de artistas pola Paz.
http://torredaspalabras.blogspot.com/
venres, 22 de xaneiro de 2021
DIA DA PAZ (PARTE II)
"ABRIMOS AS PORTAS POLA PAZ"
Xa falta menos e desde este equipo de dinamización, propóñse unha sinxela actividade que pretende dar un pouco de ritmo e alegría a este día sinalado. Abramos fiestras e portas, cantemos e bailemos a ritmo de rock pola paz e a liberdade. Usemos os nosos superpoderes para facernos notar! Ás 11 da mañán do día 29 escoitarásenos máis alá de Cela, Bueu, Ardán... Quen sabe igual ata en Ons!!
mércores, 20 de xaneiro de 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO
PARTICIPAMOS?
QUÉ TAL SE APROVEITAMOS UN DOS NOSOS SUPERPODERES DE COMUNICACIÓN PARA TRANSMITIRLLE AO MUNDO O QUE SENTIMOS E VIVIMOS NA NOSA RADIO FALADOIRO?
martes, 19 de xaneiro de 2021
DIA DA PAZ 2021 (PARTE I)
- Presentaciones Día de la Paz de Orientacion Andújar (2010)
- 10 novos mandalas para o Día da Paz
- Seminario Galego da Educación pola Paz
- Por un mundo en paz, actividades para o aula AMEI WAECE
- Documento de word en pictogramas para reflexionar sobre a PAZ
- Adaptación Unidade Didáctica La Paz, realizada por Lucía Fernández Vivancos en lectura fácil (pictogramas ARASAAC)
- Mural dixital da mesma autora cunha recompilación de recursos
- Minilibro Día de la Paz realizado por Isidro Burgos de Actiludis
- Recursos para o día da paz de Escuela tic 2.0
- Recursos día da paz do CEIP Mestres Goldar