mércores, 22 de maio de 2019

ROMARÍA ESCOLAR LETRAS GALEGAS

CHEGOU O DÍA, CHEGOU A ROMARÍA! Por fin celebramos a nosa 1ª Romaría escolar "letras galegas" tratando de sementar cultura, costumes e tradicións nos nosos pequenos e pequenas  continuando o traballo de Antonio Fraguas.
Previa investigación por parte do alumnado de primaria sobre as romarías, organizamos esta xornada de convivencia fantástica. 
Cando xa tiñamos todo preparado...





... chegamos a Chans ...



...e dispuxémonos a pasar unha mañán chea de aprendizaxes: plantamos árbores autóctonas (carballos e castaños),  disfrutamos cos xogos populares, tamén dunha fantástica merenda matutina ata con cestos e manteis!  remantando con música tradicional gracias a colaboración da A.C. Retrouso de Cela. Foi unha xornada fantástica que de seguro repetiremos!! Grazas a todos pola participación! E aínda falta a sorpresa final :)




 














 

Remantando esta xornada cunha sorpresa para todo o alumnado: buxainas e perindolas para os máis pequenos







EXPOSICIÓNS LETRAS GALEGAS







luns, 20 de maio de 2019

VISIONADO DE CURTAS NO COLE

Hoxe pasamos unha mañá moi entretida no CEIP Torre Cela achegándolle o cinema ás cativas e cativos, a través do plan #Pontegal da Deputación Pontevedra. Dunha banda, proxectamos para alumnado de Infantil algunhas das mellores curtas internacionais que pasaron polo FICBUEU en 2018 e que foron recibidas con moita curiosidade pola rapazada. Por outra parte, impartimos unha charla sobre o proceso de produción dun filme para as clases de 3º e 5º de Primaria, que espertou grande interese. Para nós tamén foi unha grata sorpresa comprobar a cantidade de coñecementos que xa tiñan adquiridos. Parabéns!

La imagen puede contener: pantalla e interior

PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2019

O alumnado de 5º de Primaria participou nun proxecto didáctico para fomentar a música galega dentro dos centros escolares realizando programas en formato podcast para divulgar e dar a coñecer as diferentes bandas e estilos musicais que se presentan aos Premios Martín Códax da Música. 



A continuación podedes escoitar os traballos elaborados...







mércores, 15 de maio de 2019

AGASALLO DE TORRIÑO



En colaboración coa biblioteca do cole, animamos a todos e todas a levar un libro de agasallo polo mes das Letras Galegas. 
Moitas grazas Torriño!!



 

DESPERTANDO AS NOSAS MENTES


CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano coñecemos a traballo de Antonio Fraguas, etnógrafo, historiador e gran transmisor da cultura popular. Ademáis de entrar no cole con música tradicional,tamén aproveitamos as paredes do noso  patio para despertar curiosidade... e cada aula escolleu un par de coplas e ditos populares para  compartir.


No hay ninguna descripción de la foto disponible.  

 

Seguindo as súas pegadas, e continuando co noso proxecto "O despertar das sementes", o equipo de dinamización está organizando esta romaría que esperamos disfrutar o próximo martes 21 con bo tempo e moita animación. Haberá música, cestiños de vimbio con merenda para compartir,  circuito de xogos populares (birlos, cachizas, chaves, cordas... e así ata 12) e algunha sorpresa máis...

 

Ademáis de plantar castaños e landras que no primeiro trimestre plantamos nunha bota con terra (atendendo ao conto de Anxo Moure "O carballo con botas")





SEGUIREMOS INFORMANDO!!