xoves, 22 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Como tódolos anos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega proponnos conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o vindeiro 24 de febreiro. E nós, non queremos deixar pasar esta oportunidade de achegarnos un pouco máis a nosa Rosalía de Castro. Por iso, durante toda esta semana estamos a traballar nas aulas a figura literaria da Autora, escoitamos as súas obras musicadas por diferentes autores e durante a hora de leer contamos cunhas mochilas viaxeiras especiais: agochan no seu interior obras de Rosalía!!!! 






Ademais o alumnado en colaboración coas familias está preparando uns carteis coa imaxe de Rosalía acompañada duns versos da súa obra escollidos polos nenos/as. O día 24 de febreiro  colocaremos nas nosas fiestras estes carteis para amosar ao mundo a nosa Rosalía. Estes carteis irán acompañados das fotos aportadas polas familias onde aparezan os nenos/as acompañados ou non das súas familias preferentemente persoas maiores. 

Agardamos con impaciencia eses traballos!! 

E de antemán grazas familias pola vosa valiosa colaboración.