mércores, 28 de febreiro de 2018

AS NOSAS CARTAS DAS EMOCIÓNS




Ola a todos/as!!!

Como xa sabedes durante este mes celebramos no noso cole o mes das emocións. Así que os nosos alumnos/as estiveron moi ocupados escribindo cartas cheas de sentimentos. O resultado foi tan bonito que esas cartas quedarán para sempre gravadas nos nosos corazóns.

Aquí podedes ver o mural con tódalas cartas.





Foi moi complicado decidir cales eran as cartas máis emotivas xa que todas transmitían moitas emocións e sentimentos. Así,  había cartas de agarimo para os avós, para o pai que está embarcado durante meses no mar, para ese amigo/a especial, para a irmá ...


Tras moito cabilar as premiadas son as de Xiana de 5º de E.Primaria e de Antía de 6º de E.Primaria.
Parabéns!!!


Aquí tedes as cartas gañadoras.

                                   


Pero houbo un agasallo para todos/as polo seu esforzo e bo traballo.




 Grazas rapaces por deixarnos achegarnos aos vosos corazóns.