Que alegría chegou o Entroido ao Torre-Cela!!! E Torriño non o quixo perder. Aquí podedes ver as consignas que nos propuxo para estes días.
Durante toda a semana de Entroido os nosos alumnos estiveron elaborando os seus disfraces relacionados co proxecto "Desenterrando os nosos tesouros". Que artistas están feitos.
Os nenos/as de infantil convertéronse en "Trasnos" (seres mitolóxicos que seica vivían nos nosos bosques e aos que lles gustaba facer trasnadas). Moito coidado se vós atopades con eles.
Os alumnos de 1º de 2º de Primaria foron de "Tesouros do Mar" (mariñeiros, peixeiras e animais do noso mar).
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria foron de "Homes do Saco" (lenda recollida por un dos nosos alumnos). Se acaso o ves vir xa podes acocharte ben.
Os alumnos de 5º de Primaria disfrazáronse da "Santa Compaña" (outra das lendas presentes na nosa contorna).
E finalmente os alumnos de 6º de Primaria representaron "a Vendimia da Tinta Femia" (viño afamado da nosa zona)
E este ano o desfile tivo lugar polas rúas de Bueu que rematou coa interpretación das nosas cancións para todo o público presente.
Que ben o pasamos!!
Aqui tedes algunhas das imaxes do desfile.