Para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, compartimos estes dous fantásticos traballos de dúas nenas de 6º, mencións especiais no XIII Certame de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" organizado polo Concello de Bueu en colaboración co CIM.
Ademáis durante toda a semana anterior estivemos a traballar dous contos coa Profe Mariló relacionados co tema e clasificados por edades: "Maruxa" e "Cuando las niñas vuelan alto".
O mesmo día 8 recibimos a visita de tres nais relacionadas coa ciencia. Cada unha foi contando en que consistía o seu traballo Daniela Medal, Susana Bastón e Mª José Cordeiro. Foi unha experiencia interesantísima. Esperemos que repitan noutra ocasión!!!
Este mesmo día os rapaces e rapazas de quinto leron un manifesto recordando aqueles traballos que facían as nosas avoas, nais e outras mulleres para coidar e manter os montes lonxe do lume e perto da fermosura propia da natureza. Este manifesto pódese escoitar no seguinte enlace.
As nosas visitas achegáronse á radio e deixáronnos estas divertidas entrevistas!