Co gallo do día da poesía, desde dinamización e biblio fíxose unha proposta para facer lecturas en voz alta esta semana durante os recreos. Voluntarios e voluntarias escollen ou inventan os seus propios poemas como o de Hugo. Moitas grazas a todos e todas por participar!! Hoxe foi un pracer escoitar a Hugo, Xoel, Nuria e Eva, eles recitaron poemas de Antonio García Teijeiro, Rosalía, e unha escolla do libro "Poesía para niños" Ed. Alfaguara.