venres, 15 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da  celebración da semana da prensa e aproveitando a visita que recibimos o 8 de Marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º elaboraron varios artigos redactando o acontecido ese día coa nai de Antón, de Brais e de Uxía. Bo traballo!!!


Ademáis os nenos e nenas de 4º  estiveron lendo as novas dos exemplares do xornal Papagaio que periódicamente chega a nosa biblioteca. Atoparon moitas novas relacionadas co coidado o conservación do  medio ambiente:

– A extinción das abellas provoca a desaparición dos humanos.
– Un novo intento contra o desxeo polar.
– As mulleres conquistan o espazo.
– Os homes da selva en perigo de extinción.
– Erupcións e Tsunamis na Oceanía.
E moitas máis, que lle serviron para que unha vez máis se conciencien da importancia do respecto polo noso medio e de que diso depende a nosa vida.