Hoxe luns os nenos e nenas de infantil estivemos plantando na horta do cole! Variadas plantas aromáticas reciclando palés: orégano, tomillo, lavanda, menta...ideais para acompañar comidas ou facer infusións, E aproveitamos tamén para plantar leitugas, tomates, berenxenas, amorodos brancos... un sinfín de "alimentos" que a profe Raquel trouxo ó cole. Agora só falta que prendan e nos den uns bos alimentos saudables!