Hoxe celebramos no noso cole este día, entre outras actividades , coa visita da poetisa buenense Miriam Ferradás. Maiores e pequenos desfrutaron e se empaparon da súa paixón pola literatura galega e pola poesía en xeral. Escoitamos e lemos versos, xogamos con verbas , creamos e deixamos voar a imaxinazón. Ata nos agasallou con fermosas poesías inspiradas no noso proxecto "O despertar das sementes" e coincidindo co Día do bosque autóctono. Fantástica Miriam...Moitas grazas!!!
HAI UN BOSQUE MÁXICO UNHA LARANXEIRA
ÁS AFORA DA ALDEA NO MEDIO DA HORTA
QUE TEN NAS ÁRBORES CON DUAS LARANXAS
CENTOS DE ESTRELAS. E UNHA PORTA...
E CONTINUAMOS CO NOSO INSPIRADOR MURAL, QUE POUQUIÑO A POUCO SE ENCHE DE VERBAS POÉTICAS.
CONTINUARÁ...