mércores, 23 de febreiro de 2022

CHEGOU O DÍA...O DÍA DE ROSALÍA (II)

 Baixo o mandado de Torriño a comunidade educativa do cole entrou no centro che de  flores, de morriña, de soidade, de lembranzas... Graciñas a todos e todas por participar neste día , o día do nacemento de Rosalía. Nas aulas estivo Ledicia Costas cunha mensaxe fantástica , visionamos a montaxe dos nenos e  nenas de 4 anos sobre o poema "Adiós ríos adiós fontes", rematamos as obras artísticas e creativas sobre Rosalía, sementamos pensamentos tamén con papel e pintura... un sinfín de actividades completadas polo recitado de poemas e música na entrada e saída do centro.