luns, 7 de febreiro de 2022

PENSAMENTOS EN ROSALIA (Parte 1)

 Preparados e preparadas para conmemorar o Día de Rosalía?

Xa temos no forno diversas actividades para este día ademais da selección de cantigas que , como tódolos anos poñeremos nas entradas e saídas do cole e recreos. Este ano traballaremos os nosos pensamentos e os de Rosalía... ¿Por qué eses versos de tristura, saúdade, soidade... Por qué é tan importante para a nosa cultura e a nosa lingua? Que influencia ten noutr@s escritores e artistas?

Este ano contactamos coa escritora Ledicia Costas, que moi amablemente comparte con nós quen era Rosalía de Castro e  que supuxo para ela desde o momento en que a coñeceu (planos da memoria-recordos de escola). Moitas moitas Grazas!!!

Propoñemos desde este equipo continuar versos escollidos  de Rosalía e presentalos nalgunha das súas flores favoritas " Pensamentos" ou "Camelias",  colaborando coa AELG e as súas propostas deste ano.

E xa comezamos!! Os máis peques andan estes días a plantar "pensamentos" e a coñecer a grande e importante  Rosalía de Castro.






XOGO:
 CANTOS PENSAMENTOS PODES ATOPAR?
QUE ESTARÁ PENSANDO ROSALÍA NESTA IMAXE?
ESTARÁ CONTENTA?

Continuará ...