venres, 25 de febreiro de 2022

SEMANA ENTROIDEIRA (lV)

 Queda para as nosas lembranzas unha semana enteira de disfraces, música, "mandados", poesía, gastronomía, investigación, contextos temáticos... Un non parar con actividades relacionadas co entroido. 

Desde o luns co "mandado" de pixama e bata, ata o venres día de "bascalleiros", onde todos e todas viñemos coas mellores galas que atopamos no faiado das nosas casas. Velaí vai un pequeno resumo desta semaniña inesquecible... 

"Pixama, zapatillas e bata... como de andar por casa"

 "Seguindo o calendario...celebramos o noso aniversario"


Por Rosalia... pensamentos e máis flores todo o día"

"O xoves desta semana...ven como che dea a gana"

"No último día festeiro... todos de bascalleiro"


















E chegou o venres de entroido!!
A murga "Os mulos" visitáronnos este día para contarnos como foi a súa creación, cantos anos levaban xuntos, cómo compoñen as cancións e por suposto... cantaron un feixe delas: humorísticas, críticas...
a continuación desfilamos todo-los curso e degustamos comida típica de entroido!!!
unha xornada fantástica: todos xuntos no patio (coas medidas pertinentes) e disfrutando dun tempo metereolóxico fantástico!!














E finalizamos cunha adaptación  de "Terra" das Tanxugueiras, que XA  estiveron  DE VISITA NO NOSO COLE!

 E AGORA A SEGUIR DESFRUTANDO!!
VÉMONOS O XOVES!!