E XA ESTAMOS NELA!
23 de Febreiro "Día de Rosalía de Castro" , toda a comunidade educactiva implicada en homenaxear a esta ilustre, querida, respetada e gran "influencer" da nosa lingua galega.
Participando nas propostas de AELG "Sementando pensamentos", e coa colaboración de Voz Natura todo o centro plantou estas fermosas flores que agora embelecen a nosa escola.
E ampliamos a proposta inventando poemas a partires de versos escollidos do poemario de Rosalía! Aproveitamos a nosa semana entroideira para que Torriño nos mande unha consigna moi especial para este día 23 :
"POLO DÍA DE ROSALÍA ... PENSAMENTOS E MÁIS FLORES TODO O DÍA"
"Cando penso que te fuches
non aguanto esa dor
recordo a túa mirada
recordo o teu amor
recordo cada día aquela nosa ilusión"
"Campana de Bastabales
cando vos oío tocar
o entroido está xa a chegar
cando vos oío tocar
póñome pronto a bailar"
"Quixente tanto meniña
como unha estrea ao brilar
quíxente tanto meniña
só cos teus ollos mirar
quíxente de aquí ata o mar"
Os maiores de 2º de primaria, realizaron unha grandiosa investigación en equipo dentro do contexto lingüístico facendo unha liña do tempo sobre a súa vida.
Os nenos e nenas de 5º de educación infantil (4 anos), nos presentaron esta maravilla audiovisual!!! e unha fantástica recitación do poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes" en Radio Faladoiro
UN GRAN TRABALLO EN EQUIPOOOOOOOO
MOITAS GRAZASSSS