xoves, 17 de febreiro de 2022

Entroido I

 Xa está aqui, xa chegou!!!!! Nas vésperas desta festa rachada e tratando de levantar os ánimos, Torriño xa ten preparadas as consignas da vindeira semana. Pixamas, aniversarios, pensamentos e outras flores, alegría, música, gastronomia.... todo é válido e ben acollido para rachar coa pana!!

Estamos a preparar un feixe de activiades para todo o centro... Xa contamos coa visita de dous familiares que nos contan como se disfrazaban de vascalleiros "noutros tempos" e que forman parte do patrimonio cultural da nosa contorna, ademáis da visita que teremos dunha das coparsas máis veteranas de Bueu que nos han vir contar moitas cousas sobre a sua creación e tradición. 

Non perdades de vista este blogue durante estes días!!! Haberá sorpresas!!!  Para comezar os máis peques do cole, andiveron buscando polo faiado as roupas de Torriño para saber o que era un vascalleiro e animarnos a tod@s a disfrazarnos...